jueves, 20 de diciembre de 2007

En concreto

Aconteceu romper tantos primeiros poemas
como veces nacín desmedida de min tras min
e aínda despois de cada resurrección
a man no contacto da man e non de nengún deus
senón de aquel ser predestinado
que conmigo e en mín se revelaba
e contra que eu me rebelo
ao lembrar as palabras nas que decidimos crer teimudamente
e unha tras outra fomos fracasando
até a vitoria final
até a vitoria continua
mente revelada e rebelde.

Luisa Vilalta

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Ante este poema poucas palbras se poden dicir xa. O único que se me ocorre e deixarte un enlace dunha editora galega de Cangas. Chámase Rinoceronte editora. É moi apetecible.

http://rinoceronte.es/

Bicos e disfruta moito en Vigo. Boas festas.

Yria dijo...

Gracias Javi!! Hoy ya duermo en casa!
Un besazo