lunes, 3 de diciembre de 2007

Resistencia

"Febreiro fuxía ás carreiras por un marzo que zarrapicaba gromos e acentos ventosos na paixase ondulada do piñeiral. António Gonçalves pedaleaba co corazón na gorxa porque á altura á que adoitaban toparse cada mércores e venres, a silueta de Isaura non atravesara aínda o horizonte. Ó chegar onda o desvío cara a Vieira viu a súa bicicleta apoiada nunha rocha. Ela non aparecía por ningures. Sobresaltado, tomou o desvío el tamén e meteu a bicicleta tras dun mato. Non sabía moi ben qué facer, así que deu voltas en círculos pequenos arredor do sitio, non fose ser o demo que lle acontecese algo. Pero ela non aparecía. Entón deuse de conta de que non lle sabía o nome para berrar por ela e sentiuse coma un perfecto estúpido. A piques estaba de retomar o seu camiño cando ela lle saíu tras dun piñeiro e, póndolle os dedos nos beizos, convidouno a seguila en silencio. Indicoulle un lugar afastado cuberto por uns matos e foi ás présas agochar tamén a súa bicicleta. Coa impaciencia, o peixe quedou estrado na area do camiño víctima daquel naufraxio. António sentiuna chegar de novo e quixo morrer sen se atrever a pechar os ollos por se os abría de novo e aquilo non era verdade. Quedaron de fite, fronte a fronte, sorrindo con pánico nas meniñas ata que un dos dous se achegou serenamente e bicou ó outro nas meixelas notando como toda aquela calor se lles pegaba irremediablemente. Inevitablemente. El fixo ademán de quitar o anel pero ela deixoullo quedar e deixaríallo sempre. Para non esquecer quén era un e outro.
As máns buscáronse e pouco a pouco desposuíronse das posibles palabras para embebedarse por completo de sensacións novas e excitantes que, por primeira vez, estaban a envolvelos. Espíronse lentamente, tan lentamente que resultaría desesperante para os máis presurosos amantes. Pero eles semellaban entenderse como vellos namorados, expertos e antigos, e mesmo pareceu que aquilo fose unha sorpresa, unha turbación, unha peza que faltaba no corpo dela, unha peza que sobraba no corpo del. Os dous intercambiaron o amor nunha penetración que os converteu, de repente, en partes completas, saciadas por primeira vez daquilo que nunca notaran que lles faltase: o outro.
Exhautos, deitados na area e aínda trementes, bebéronse de novo tantas veces como para acabar derreados cando xa a noite viña chegando. Vestíronse o un ó outro rapidamente e colleron camiños opostos coma se xa estivese escrito e soubesen á perfección cal era o seu destino natural."
Resistencia. Rosa Aneiros

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Non coñecía eu a Rosa Aneiros pero a maxia deste escrito faime cusquirrelas no ventre do silencio. Este encontro fortuito entre os dous amantes respira sosego, loucura, tenrura... e novas experiencias que manteñen vivas as paixóns humanas. Un bico.

Yria dijo...

Javi, o bonito deste encontro é que a pesar da época, dos desatinos, da dictadura daqueles anos, da pobreza e de teren todo en contra, cada día víanse e amábanse, así durante todalas suas vidas... é fermoso.
Estou rematando o libro, xa che contarei.
Máis para ti.

Anónimo dijo...

La foto que mencionas de mi blog la saqué un día de ruta en bici en Cabo Silleiro, sí, ese sitio que mencionas cerquita de Baiona. Es un lugar precioso, que conserva ese estado semisalvaje, la rompiente de las olas, la costa pedregosa, el faro, el olor a mar... Ir en bici hasta allí supone una desconexión total con lo demás, un punto de inflexión importante para el día a día posterior. Besos y buen fin de semana.

Anónimo dijo...

Oi, achei seu blog pelo google está bem interessante gostei desse post. Gostaria de falar sobre o CresceNet. O CresceNet é um provedor de internet discada que remunera seus usuários pelo tempo conectado. Exatamente isso que você leu, estão pagando para você conectar. O provedor paga 20 centavos por hora de conexão discada com ligação local para mais de 2100 cidades do Brasil. O CresceNet tem um acelerador de conexão, que deixa sua conexão até 10 vezes mais rápida. Quem utiliza banda larga pode lucrar também, basta se cadastrar no CresceNet e quando for dormir conectar por discada, é possível pagar a ADSL só com o dinheiro da discada. Nos horários de minuto único o gasto com telefone é mínimo e a remuneração do CresceNet generosa. Se você quiser linkar o Cresce.Net(www.provedorcrescenet.com) no seu blog eu ficaria agradecido, até mais e sucesso. If is possible add the CresceNet(www.provedorcrescenet.com) in your blogroll, I thank. Good bye friend.