lunes, 5 de noviembre de 2007

¡Vivamos como galegos!

- ¡Buf! Como aquí en ningún sitio, a xente aínda é amable, ten pouco estrés.
- ¿O qué?
- Ahí fóra é diferente...

"- ¿Qué tal?
- Aquí, a por el quinto metro del día."

- ¿Cómo non imos sentirnos ben aquí? Se aquí están as mellores praias do mundo, se a mellor tortilla...

"- É a da miña nai.
- ¡É a da miña nai!
- ¡É a da miña nai!"

- Somos optimistas por natureza, para nos todo é "bueno"...

"- ¿Vai calor?
- Bueno...
- ¿Vai frío?
- Bueno...
- ¿E a familia qué tal? ¿Ben?
- Bueno..."

- Somos positivos, ademáis os galegos nunca nos trabucamos...

"Un neno que cae:
- ¡Vas caer!"

- Podemos ir xantar a casa e ve-la familia, gústanos te-la despensa e a nevera sempre cheas, e cando vemos nenos aínda lles sorrimos e son ben recibidos. Sómo-los inventores do futbolín e da pregunta total...

"- ¡Fran! ¿Qué?"

- Da traducción libre...

"Octopus to the party:
Pulpo á feira."

- E do "handparking"...

" O coche toca o de atrás cando aparca:
- Ahí, ahí, ahí..."

- Come na casa dos teus pais sempre que poidas, e se alguén te pon en apuros respóndelle con outra pregunta, e se preguntan onde se xoga o mellor fútbol, responde con rotundidade: ¡En Galicia! Temos 17.340 festas, temos greleiras, percebeiros, temos orballo, carballo, choiva, choiva... e choiva. Onde a comida é unha relixión e un domingo sen aldea non é un domingo. E onde a xente non é fea, é "riquiña". Deámonos conta do ben que vivimos, gocemos da nosa forma de vida: ¡Vivamos como galegos!

www.youtube.com/watch?v=PwqzWvVNNM8

1 comentario:

Anónimo dijo...

Qué patriotica, no? jeje:P! Di que sí, siempre es bueno tener un gallego cerquita, no? Lo que tienes que hacer es corretear más por esas tierras, leñe!! Un beso abizcochado!