miércoles, 5 de septiembre de 2007

Mornig Star

Eses ollos, como dúas luces que me guiasen nunha noite escura, estiveron presentes para min sempre a partir dese momento, en tódolos días da miña vida, mesmo naqueles en que cría que fora mellor non nacer ou morrer no pozo do esqueleto, ou estar enterrado a carón da miña mai, nun panteón prestado e perdido nunha remota aldea, onde só Deus puidera lembrarse de nós. Porque eran uns ollos estranamente serenos no medio da desolación, resignados fronte o perigo, e, sen embargo, neles latexaba a vida, unha vida tranquila e chea de harmonía, como as follas castañas e as herbas verdes no comezo do outono, e como os ceos fondísimos dos días de verán. E foron, tal vez, as lembranzas dos seus ollos as que me fixeron continuar no meu camiño e me trouxeron finalmente a bo porto.

No hay comentarios: